Un centro cheo de amor.
O loita persoal (e internacional) de Melanie Standing para salvar á súa amiga felina dun diagnóstico terminal fixéronlle percatarse das carencias en certas áreas dos coidados animais no noso país. Este feito, xunto co seu amor polos animais, empuxárona a formarse en campos como a psicoloxía, educación e adestramento canino, terapias florais para animais, terapias naturais, masaxe emocional, estrés canino, nutrición animal e xestión de residencias caninas e felinas no Reino Unido, reunindo toda a inspiración para crear o centro actual Centro Kennels. Unha alternativa para todos aqueles que, como ela, consideran ás súas mascotas un membro da familia e, como tales, dan unha prioridade especial para o seu benestar no sentido máis amplo da palabra. Un lugar onde se personaliza o tratamento, desde o amor e máximo respecto, para facelo sentir coma na casa.
Un equipo ao servizo da túa mascota.
O respecto e o benestar físico e mental de cada mascota son os piares fundamentáis do noso proxecto. É por iso que apostamos polas sináis de calma e pola aplicación das técnicas profesionais comunicación animal, asegurándonos en todo momento de atender o estado anímico e as necesidades dos nosos pequenos invitados, para que a súa estancia sexa unha experiencia positiva e agradable.
Diseño y desarrollo: Cactus Digital | Centro Kennels ®2017